Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/11/09

Non á violencia contra as mulleres (CXXIII)

Non tivemos nin tempo de falarmos das actividades no centro estes días. Un centro que se uniu todo el para berrar desde as súas paredes un forte NON contra a violencia de xénero. E todo el estivo ocupado tanto os corredores como o vestíbulo, cunha exposición de carteis -cedidos pola Oficina de Igualdade do Concello de Lalín e polo CIM de Gondomar-, ademais dunha mostra de películas e libros sobre o tema. Repartimos o tríptico ao alumnado e ao profesorado e puxemos vídeos o propio 25N.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.