Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/12/10

Feliz ano

Temos moito que pedir ao novo ano que comeza. Que non sexa peor ca este. A nivel persoal, que se arranxen moitos desfalecementos. A nivel blogueiro, que sigades connosco, que a nosa voz mereza chegar a máis persoas. A nivel mundial, que haxa máis equilibrio.
Pero sobre todo queremos darvos as grazas por estar connosco este ano, por comentar, por seguirnos, por coñecernos, por compartírmonos. Que o 2011 nos traia máis momentos de intimidade e máis amigos, que saibamos proceder e cumprir as vosas expectativas. Que saibamos pór un chisco de luz nas tebras.



Hai un ano falabamos do decreto; hai dous falabamos de esperanza; hai tres dos nosos comezos... Pero o espírito segue a ser o mesmo: a nosa lingua como base e a igualdade social xunto coa lectura como meta.
Que a humanidade sexa máis humana!
Feliz ano a TODOS E A TODAS!


12 comentarios:

thalía dijo...

Feliz anooooo!!! :D

migramundo dijo...

Que se cumplan eses desexos.
Saúde.

Félix Soria dijo...

Bo 2011 e mellores libros.
Unha aperta.

Montse dijo...

Bon any i salut bloggera!

mj dijo...

Bo ano e saúde lectora!.
Bks.

Anónimo dijo...

Bo ano, seguide así

Unitaria de Vide dijo...

aaggg!!! por pouco non chejo a tempo de desirche:

FELIS ANO!!!!!!

A Sabela.

Anónimo dijo...

Bo Aninovo! E non defalezades nesa laboura tan estupenda e importante que facedes día a día.
Unha aperta
Frianciño

Xabi dijo...

Entre as túas peticións para o novo ano, gustoume moito unha en especial: "moito equilibrio".
¡Que sabia es!

Antonio Martínez dijo...

Feliz aninovo tamén para vós, Anxo e Gracia.

Antonio dijo...

Feliz año y mis mejores deseos.

RAIOTECA dijo...

Eu tamén desexo que no ano 2011 se cumpran todos os teus desexos, e que segades a ser un blog de referencia dentro do mundo das Bibliotecas Escolares Galegas. Grazas "Gracia" por estar sempre aí, en primeira liña.
Encarna.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.