Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/09/10

Between Bears

Curta de Eran Hilleli: proxecto de fin de curso da Bezalel Academy of Art and Design.


Between Bears from Eran Hilleli on Vimeo.



Vía

Denso recendo a salgado

Gustoume esta novela de Manuel Portas editada por Xerais, Denso recendo a salgado, con trazos de novela negra ou cando menos policíaca. Novela coral onde os personaxes comparten -compartiron- xuventude e estudos, unha amizade común que a vida, como adoita suceder, foi partillando na maioría dos casos, aínda que agora coinciden -non sempre- destinos, traballos, familias... Gustoume esa presenza horaria en cada capítulo, intensificando a estrutura novelística nunha semana mentres imos debullando a vida de homes e mulleres que compoñen o cadro, nun protagonismo conxunto moi atractivo. Creo, porén, que o final non está ben conseguido, semella un pouco barulleiro, coma se o autor quixera rematar axiña e solventar a situación presentada a correr. Non pega ese ritmo acelerado co resto da novela, ese tiroteo sen xeito e ese desenlace que nos deixa un pouco pegados á última páxina anceiando que o remate sucedese doutro xeito, pois o ritmo inicial da novela, o descubrimento de personaxes, amores, odios, atraíanos doutro xeito. Uns personaxes reais que constitúen un dos atractivos desta lectura, propios, por certo, dunha novela coral onde ninguén é protagonista nin merece máis páxinas.
Moi recomendable.

Custa máis do que cremos


Hai dous anos, a cadea de televisión MTV puxo en marcha unha campaña para concienciar á xente máis nova no tema da explotación infantil.
Muse súmase a esta campaña solidaria con este vídeo "MK Ultra" do seu disco Resistance:




No ano 2008 fora o grupo Radiohead quen contribuíra co tema "All I Need":




E no 2009 foi The Killers con "Goodnight, Travel Well":





Vía

29/09/10

A historia da auga

Este vídeo é un conxunto de tres contos animados de Filmtropía, co selo Clasittons. Un libro-DVD de debuxos animados que se realizou dentro do marco da EXPO de Zaragoza 2008: a importancia da auga.




Vía BiblioReboreda

A caixa dos recordos


Outro fermoso libro de OQO: A caixa dos recordos, con texto de Anna Castagnoli e ilustracións de Isabelle Arsenault, recrea a importancia dos obxectos segundo a carga afectiva que lle atribuímos. Pero ademais reflicte a xenerosidade de saber compartir, de xeito que esta remata sempre na felicidade de ver cumpridos soños case impensables. Ademais do texto, creo que as ilustracións son doces e afectivas.


Lucas e Oso


O moi coñecido por nós José Campanari, xunto coa ilustradora Kristina Andres publican en OQO Lucas e Oso, un álbum infantil que trata con naturalidade o tema de mexarse na cama e os nervios que preceden ao primeiro día de colexio. Un libro amable que se pon do lado do neno que pretende resolver o seu problema con imaxinación e cariño. Fixádevos nas ilustracións: crean elas soas un relato paralelo dese mundo onírico que o texto reflicte.

—Vai mexar antes de deitarte
-recordoulle súa nai.
Lucas mirou debaixo da cama
e, abrazado a Oso, non tardou en durmir.


África en positivo

A outra cara da moeda:



Vía As Mariñas

Carta a Ezequiel Mosquera

Unha vez máis, Prolingua acerta de cheo:

Estimado e, por moitos de nós, ademais benquerido Ezequiel:

Dende a Plataforma Prolingua querémoste felicitar polo teu faiscante labor desenvolvido no Xacobeo Galicia de Ciclismo, co que acadaches o segundo posto en La Vuelta a España 2010.
Mais non só as túas calidades deportivas se fixeron notar a longo desta e doutras competicións; aboiou, así mesmo, o compañeirismo (virtude que xa tes demostrado durante toda a túa traxectoria profesional) e non unicamente cos membros do Xacobeo, senón incluso con aqueles dos que fuches rival pero ante todo compañeiro.

Felicitámoste, como non, pola túa humildade, por saber recoñecer que un non é ninguén se non hai, canda el, un grupo de persoas que colabora nun proxecto, sexa deportivo, cultural ou nos ciclos que dá a roda da vida. Porque te acordas das túas orixes (e non renegas delas), porque te lembras dos que están ao teu carón día a día (familiares, amigos/as e seareiros/as); porque comprendes que hai que tender unha man ao veciño sobre todo cando escorren as últimas pingas de suor; porque sabes atender e entender aos que te seguen, escoitan e te fan vibrar (e ti a eles) no intre en que rubes cara aos máis altos cumios do mundo...

Velaí que cando andas, Galicia vai contigo; a cada pedalada, o país (este que nos enche e nos ateiga de esperanza) ascende os máis elevados horizontes; e con el milleiros de persoas aos que emocionas. Como ben declaraches, para ti é “unha grandeza poder defender a bandeira de Galicia” e un orgullo telo feito “no equipo da túa terra”, nese equipo de futuro incerto por mor dos que non queren ver a realidade, maila ter demostrado a súa valía nesta e en anteriores campañas.

Canda ti, Ezequiel, soben aos podios do triunfo centos de ciclistas galegos (profesionais e afeccionados), deste ou doutros momentos, que non puideron agatuñar ata esas alturas, mais que se sentiron eles aí enriba, que se sentiron Galicia cando a cadea se prolongaba dende a saída ata a meta marcando o cansazo que provoca o asfalto e o clima. Xa que, como nalgún lugar se subliñou, demostraches ser o heroe do pobo, e cando menos do noso (ou sexa do teu); título que, xurdido do amor e da admiración, hai que sualo… e non se distingue abofé con camisetas, nin con maillots nin maglias, senón con actitudes e compromisos.

Felicitámoste, e permítenos chamarche irmán, porque é para ti un orgullo falar a diario a túa lingua; e porque para nós é un orgullo escoitarcha pronunciar ou escribir, nos medios, na internet, nas redes sociais, nos foros abertos... diante da pantalla. Grazas por subir, e por pronunciar, e por ser... e por ter no celeste o motivo do esforzo, do compromiso e da loita.

Saúde irmán, e saúde ao idioma galego!!

28/09/10

Headless studio reel 2010

Do estudo de animación independente "Headless" fundado por Adrián García, Alfredo Torres e Víctor Maldonado, con sé en Barcelona.

Headless studio reel 2010 from Headless Productions on Vimeo.



Vía Recogedor

Para non esquecer



Vía Balbordo

Ensinar Amor

Ana Kiro by Beyoncé

Atopei no Twitter esta "definitiva homenaxe a Ana Kiro". Creo que con este vídeo xa se ten feito de todo.


27/09/10

Death Buy Lemonade

Curta realizada por Kyu-bum Lee para a primeira edición do Cartoon Brew TV Student Film Festival.

Death Buy Lemonade from Cartoon Brew TV on Vimeo.



Vía

Diario

Os libros tamén senten e teñen a súa propia vida. Este diario é dun deses libros rexeitados: só necesita que lle presten atención.




Vía No sólo libros

Desafiar o decretazo

Galicia Confidencial entrevista a dous membros de "Profes co Galego". Eles destacan dúas características do funesto decreto de plurilingüismo: incompetencia e ilegalidade.
Cibrán e Bea son os protagonistas deste vídeo de Tingalaranga: por fin se lle dá voz aos menos poderosos.





O Parto é noso

Boísima curta de Iciar Bollain para demostrar a deshumanización do parto que sofren as mulleres nos grandes hospitais.


26/09/10

El Perich

Humor axeitado:

Coidado, extraterrestres


A editorial Patasdepeixe sorpréndenos con este novo libro, Coidado, extraterrestres do francés Benoit Jacques. Non poderás evitar remtar o libro sen sorrir. Porque humor e ironía é o que máis abonda nesta fábula de humanos que se enfrontan con éxito -sen sabelo- á superior intelixencia dos extraterrestres. Un libro diferente, como diferentes son as súas ilustracións: esquemáticas, con dúas cores tan só, pero moi plásticas. Un libro que vos sorprenderá, seguro.

Taller de corazóns


Que fermosura de libro! A historia, as ilustracións... cando o rematas, apértalo contra o corazón para sentilo máis de preto. Porque diso vai, claro queda polo título, a historia: de corazóns, ou da súa ausencia, que vén sendo o mesmo. Con texto de Arturo Abad e ilustracións de Gabriel Pacheco, Taller de corazóns lévanos da man a un obradoiro moi especial: un taller onde se deben reparar corazóns danados. E ao mesmo tempo o seu artesá esconde un segredo: un gran amor sen corazón. Como rematará a historia? Prégovos que a leades, porque, de seguro, vaivos encantar. É todo un tesouro de libro, tanto texto como ilustracións chegarán ao voso corazón.

Cando chega a noite e o silencio dos soñadores inunda a cidade,
do taller de corazóns xorden misteriosos sons, porque…
Matías ten un segredo.

Texto da editorial.

Non á violencia contra as mulleres (CLXV)

25/09/10

De faldas e saias

Está claro que a nosa sociedade castelanízase a pasos axigantados. Pero tamén queda claro que somos poucos os que nos rebelamos ante esta situación. Sería posible que ocorrese todo isto nunha sociedade co seu idioma normalizado? Nunha sociedade que ama a súa lingua? A resposta, rotunda e tristemente, é NON. Somos os propios galegos e galegas quen permitimos que se fale de "Desván de los Monjes", Orense, La Coruña ou Ginzo. Os que imos veranear a Sangenjo. Os que non lemos xornais en galego. Os que votamos un partido que rexeita a súa lingua. Os que escoitamos asociacións como Galicia Bilingüe que patalexan contra os Equipos de "Dinamización" dos centros de ensino para conseguir a súa desaparición. Os que permitimos que os nosos fillos e as nosas fillas canten "La falda de Carolina".
Recoñezo que cada día son máis pesimista co futuro do noso pobo e da nosa lingua. Cada día repito que a única solución é Educación e Cultura. Pero como darlle ao noso pobo AMOR polo seu? Este verán, en Estados Unidos, falaba do papanatismo dos americanos, coas súas bandeiras por todas partes... pero, ai! se os galegos amásemos o noso a metade do que eles! Queimamos os montes, destruímos as riquezas naturais, desprezamos a nosa lingua e a nosa cultura. Que nos queda? Eu, hoxe por hoxe, non teño esperanza no futuro. Quizais mañá consiga erguerme con máis optimismo.
E para que comprendades, podedes premer
aquí
ou aquí, tamén aquí,
ou ver este libro tan bonito, o de música que utilizan, cando menos, en Marín:


Non esquezamos que hai profesores e profesora encantad@s con esta situación. Agora, por fin, poden dar clases en castelán!!!

Claro que mentres en Galicia cántase "La falda de Carolina", na Escola Mª Soliño de Pubai (India) cántase Eu chorar chorei. E dá gloria oílos!





Grazas, Loaira.

Andrés cabeza abaixo


Delicioso álbum de Pablo Albo ilustrado por Roger Olmos, Andrés cabeza abaixo é outra das novidades editoriais coas que OQO nos agasalla este mes de setembro. Unha fermosura de texto onde semella que todo pode ir a peor aínda que sempre haxa unha saída, porén non ten por que ser esta a máis escrupulosamente limpa. Moito humor adobiado por unhas ilustracións incribles, propias deste ilustrador que sempre nos namora e que consegue crear chiscadelas para volver a repasar unha e outra vez as súas páxinas.
A estrutura acumulativa é propia dos contos:

E, como se temía,
Andrés acabou na barriga do lobo feroz,
que estaba dentro da barriga do león famento,
que estaba dentro da barriga do oso salvaxe,
que estaba dentro da barriga do dragón terrible,
que estaba dentro da barriga do ogro.


Texto presentación da editorial.

Á sombra dos anacardios


Vén de chegar ás librarías este libro de Antón Fortes, ilustrado por Simona Mulazzani: Á sombra dos anacardios, editado por OQO. Se no meu admirado Fume (da mesma editorial) Antón Fortes falaba da Segunda Guerra Mundial, agora viaxa a África, máis concretamente a Guinea Bissáu, para nos lembrar que a cooperación con este continente é absolutamente indispensábel, dándolle voz a unha nena que sente o transcorrer da vida baixo a súa árbore preferida ( o anacardio, que lle dá título ao libro) mentres percorre en poucas liñas a súa vida cotiá; unha vida marcada baixo a alongada sombra da SIDA, tema agochado neste libro de temática social que nos lembra unha vez máis que álbum ilustrado e dereitos humanos van da man sen dificultade.
As ilustracións animan o texto e fan fincapé na esperanza e na ledicia: cores fortes e alegres, personaxes fortes e ben trazados, non esquematizados.
Un terceiro libro imprescindible desta colección de OQO "Qontextos" da que agardamos máis títulos.
Ver o texto da presentación editorial.

Máis vale malo coñecido...

Este pozo dos desexos ben nos cumpriría a nós:




video


Poderiamos facer desaparecer, poñamos por caso... Galicia Bilingüe? (Valentina, Miguel, Román... estamos convosco!)

24/09/10

Parallel Parking

Parallel Parking from Yum Yum London on Vimeo.


Vía

La muñequita de papá


Un cómic absolutamente desgarrador e esplícito este de Debbie Drechsler que nos roe as entranas. Abusos sexuais explícitos, sentimentos de culpabilidade, rexeitamento, medo, frustración, odio, noxo... sucédense nas poucas e suficientes páxinas deste cómic que nos fará tremer mentres o tenos entre as mans.
Se o tema da violencia sexual infantil é xa de por si escabroso, máis o é cando o violador da rapaza é o propio pai. Algo que marcará a vida, por suposto, da protagonista contada en once pequenos capítulos. Case circular na súa estratexia, unha nena que se converte en adolescente para ser violada por un coñecido, nunha espiral da que semella non poder saír. É tal o dano infrinxido que non é quen de enfrontarse con resolución aos medos e á violencia.
A pesar de todo, é unha obra delicada cuns debuxos grises distorsionados moi apropiados para o tema.
Editado por La Cúpula

Chupete

Premio "Chupete solidario" do 2006.

23/09/10

Salesman Pete

Salesman Pete from Salesman Pete on Vimeo.



Vía

Cortocuentos


Cortocuentos é un libro escrito por Borja Crespo e ilustrado por Chema García editado por Astiberri. 19 historias curtas de catro páxinas -e ilustracións- cada unha a medio camiño do cómic. Moi orixinal, con historias cheas de imaxinación e sensibilidade que ás veces son tan só reflexións de pensamentos, estados, situacións.
Un libro moi diferente, especial.






Al atardecer


Escribe Jackeline de Barros e ilustra David Padilla en Al atardecer unha fermosísima historia da vellice e da perda da memoria, ou da ilusión de vivir unha vez máis as lembranzas que semellan marchar. O alzheimer dende a perspectiva dun neno e a tristemente contundente resposta de seu pai. Tema dolorasemente actual pintado con mestría. Imprescindible.
Editorial Mil y un cuentos.

Por ser Nenas




PLAN presentou en Barcelona o seu cuarto informe "Por ser Nenas" co apoio de Isabel Coixet, quen rodou un spot contra a discriminación de xénero, e da xornalista Rosa María Calaf. Por primeira vez na historia hai máis seres humanos vivindo en cidades que en zonas rurais: 500 millóns de mulleres e nenas viven en zonas marxinais; 30 millóns están expostas á violencia sexual, condicións laborais de semiescravitude e con difícil acceso aos servizos de saúde e educación.
A campaña internacional "Por ser Nenas" de PLAN busca atallar a discriminación de xénero e amosar que investir en nenas e adolescentes é unha importante ferramenta para o desenvolvemento. Piden, ademais, que o 22 de setembro sexa Día Internacional das Nenas.





Vía

22/09/10

8 Bits

Da escola francesa Supinfocom, dirixe esta curta Valere Amirault, Jean Delaunay, Sarah Laufer e Benjamin Mattern.



Vía

Fonchito y la luna


Con texto de Mario Vargas Llosa e ilustracións de Marta Chicote Juíz, Alfagura presenta Fonchito y la luna, un fermoso relato de primeiro amor e de búsqueda de ilusións. Non é un libro orixinal en canto ao tema: lúa e amor son vellos aliados. Pero a historia xunto coas ilustracións conforman un tándem fermosamente tenro, xa que a única meta é un beixo de casto amor... Que bonita é a inocencia non perdida!


Mis historias perdidas


Xan López Domínguez escribe en Mis historias perdidas (editado por Libros del Zorro Rojo) sobre esas historias que toda persoa inventa e nunca chega a escribir nin a rematar de todo. De aí que a súa lectura sexa un retorno aos nosos propios soños, a esas historias que cadaquén procura no seu interior e nel se agochan para nunca agromar. Cantas veces soñamos espertos? Algúns teñen a sorte de recrealas en papel, por medio da palabra ou do debuxo, para así ter máis historias ás que dirixirnos.

Incomunicación

Botamos man, unha vez máis, das amizades que nos achegan pps de interese. Neste caso, coas palabras de Eduardo Galeano:

21/09/10

Kong Fu Girl VS Samurai Girl

Clip de animación



Vía

10 viajes y un sueño


Xa sabedes o que me gustan os álbums ilustrados. Pero se ademais son pop-up, xa toleo. E o que me ocorreu cando Bea me prestou este. Que bonito! Texto de Meritxell Martí e ilustracións de Xavier Salomó, 10 viajes y un sueño está editado por Combel. Cada páxina agocha un escenario dunha viaxe detrás dun vehículo diferente que a autora nos propón para viaxar. Poesía en estado viaxeiro.
Bea, grazas por prestarmo... pero quero telo!!!


Zoom


Fondo de Cultura Económica publica Zoom, de Istvan Banyai. Un fermoso álbum sen palabras que aborda o poder da fotografía. Máis que recomendable polo sorpresivo: cada páxina é unha parte da seguinte, debido ao poder incrible do zoom das cámaras fotográficas. Este consegue confundir personaxes, planos, distancias... nun libro diferente.

Muller Europea Romaní

20/09/10

Stop-Motion co móbil

O curioso desta curta é que está feita cun móbil.



Vía

Los ojos amarillos de los cocodrilos

Confirmado: estou en plena crise literaria. Un libro recomendado por todos os lectores que a min, unha vez máis, non me chegou a convencer. Efectivamente, lese. Quero dicir: lese ben. Pero é tan sumamente previsible! Tan... final feliz! Ben, se algún de vós dubida da xustiza poética deste mundo, faredes ben en lelo. Porque optimista si que é.
Katherine Pancol escribe en Los ojos amarillos de los cocodrilos unha revisión completa e actual da Cincenta; non lle falta ningún elemento. A madrasta clásica é substituída por unha nai déspota, unha das medias irmás vén sendo a súa irmá e a outra podería ser a súa propia filla... e por suposto, hai un príncipe azul que marcha, non ás 12 da medianoite, pero que regresará para amar e ser amado. E hai, claro, outras historias paralelas, de personaxes que sofren no amor pero que merecen unha segunda oportunidade... e que a terán. Porque este libro pon aos bos no seu sitio; os malos serán castigados finalmente pola súa ruindade. Como a vida mesma!
Se vos mergullades na Internet veredes que hai moi boas críticas. Así que o mellor será que non me fagades caso e que disfrutedes coa súa lectura. Non é unha gran obra literaria, creo que niso coincidiredes, pero visto o visto, gustaravos. E moito. A quen non lle gustan os finais felices? Aínda que sexa a base de personaxes estereotipados, de pouca profundidade, de botar de menos un xogo de planos.

Que fixeches nos últimos 10 anos?

"Llevo 10 años sin ver a mis hijos. No quería que me vieran en esta terrible situación", sinalou Walid Yunis Ahmad a unha delegación de Amnistía Internacional que o visitou no cárcere en xuño de 2010.
Queres asinar reclamando xustiza? Faino aquí.



19/09/10

Cidade en miniatura

Miniature city é un vídeo onde as imaxes nos fan pensar que escenarios reais son miniaturas.



Velaquí a segunda parte.

Trafegando... nas ondas

Begoña Caamaño tivo a amabilidade de nos entrevistar no programa da Radio Galega "Expreso de Medianoite". Desde o noso humilde espazo, queremos agradecerlle que se lembrara de nós, dándolle os parabéns polo seu labor.

Non á violencia contra as mulleres (CLXIV)

18/09/10

Walls are dancing

Neste proxecto o trío de artistas MWM foi convidado a pintar 3 muros en 3 cidades diferentes: Marsella, Lion e Paris. O resultado foi este fermoso filme no que se empregaron máis de 700 mil fotos e unha música inédita do dúo francés Monsieur monsieur.


Incendios 2010

Volve a choiva e o inverno e cesan os incendios. Por fin. Despois dun verán desastroso, de calor e nula prevención, podemos mirar o monte sen medo. Lembremos que cada verán asistimos ao mesmo desastre ecolóxico sen que sexamos quen de pór remedio. Neste vídeo filmado no Xurés, Cualedo, Negreira, Boiro e Brión por Pedro Armeste, Greenpeace quere testemuñar a traxedia deste ano. Aprenderemos? Dubídoo.





Volvo enseguida

Non sei exactamente se se podería dicir que este neno vén cun pan debaixo do brazo...




Nota: Curtametraxe participante no Festival Iberoamericano de Curtametraxes ABC no que colaborou unha boa amiga. Sorte, Ana!

17/09/10

Traballo é...

Dúas curtas publicitarias contra o abuso sexual.



A crise vista por El Roto

Cambiar a gráfica

De Cortometrajes Corgamol, un exemplo do importante que é non obsesionarse coas cifras e as estatísticas...


16/09/10

Seica non importa

O espírito é o que conta, segundo Decathlon:


DECATHLON OLYMPICS (REMI GAILLARD)
Cargado por nqtv. - Las últimas noticias en video.

Bébedos

Esta árbore produce unha vez ao ano unha froita chea de zume chamada "amarula" que contén unha porcentaxe de alcol na súa semente dun 17%. O único problema é que escasea a auga, e os animais cómena... sen entender as consecuencias!



video

15/09/10

RoquiNh

Vídeo realizado por Juan Creus para ESPAZO BATENTE sobre un deporte inventado.

Ceo sobre Berlín

Co tempo
meus oíntes fixéronse lectores
e xa non sentan nun coro
senón sós
e xa non saben nada un do outro
son un ancián coa voz rota
pero a historia rexorde todavía dende o máis profundo
e a miña boca entreaberta
repite con esforzo
cun fío de voz
unha liturxia á que ninguén precisa ser convidado á inauguración
o mesmo que o significado das verbas e das frases.




Vía Blogue de Ana Bande

Non serve para todo

A ver se o aprendemos: é un bo "chisme" pero tampouco serve para todo... De que falamos? Do iPad:




Ademais, se dá o sol... a lectura resíntese. A que isto non ocorre cun libro tradicional?




Vía

14/09/10

O tamaño si que importa

E para demostralo, nada mellor que un cartel publicitario:



(Lestes a letra pequena?)

Benedetti na rede

Chegan moitos correos de amizades que te recordan e te agasallan con fermosas fotografías ou con poemas. Hai un de pps de Benedetti que xa me chegou varias veces. Fixádevos que diferenza hai entre o texto orixinal e o que nos mandan, que maneira de vender produtos alterados:

Me gusta la gente que vibra, que no hay que empujarla, que no hay que decirle que haga las cosas, sino que sabe lo que hay que hacer y que lo hace.

Me gusta la gente con capacidad para medir las consecuencias de sus acciones, la gente que no deja las soluciones al azar.

Me gusta la gente justa con su gente y consigo misma, pero que no pierda de vista que somos humanos y nos podemos equivocar.

Me gusta la gente que piensa que el trabajo en equipo entre amigos, produce más que los caóticos esfuerzos individuales.

Me gusta la gente que sabe la importancia de la alegría.

Me gusta la gente sincera y franca, capaz de oponerse con argumentos serenos y razonables a las decisiones de un jefe.

Me gusta la gente de criterio, la que no traga entero, la que no se avergüenza de reconocer que no sabe algo o que se equivocó.

Me gusta la gente que, al aceptar sus errores, se esfuerza genuinamente por no volver a cometerlos.

Me gusta la gente capaz de criticarme constructivamente y de frente, a éstos les llamo mis amigos.

Me gusta la gente fiel y persistente, que no desfallece cuando de alcanzar objetivos e ideas se trata.

Con gente como ésa, me comprometo a lo que sea, ya que con haber tenido esa gente a mi lado me doy por bien retribuído.



Decencia

Para celebrar que editaran o primeiro disco, estes nenos e nenas iranian@s fixeron unha foto:



Pero as autoridades relixiosas comprobaron que as nenas non ían cubertas co hiyab, polo que mandaron repetila "axeitadamente":


Uiiiii!!!; nesta segunda fotografía, os moralistas comprobaron que os brazos das nenas non se agochaban baixo o velo: hai que repetila!

Por fin foi decente:



Vía

13/09/10

Un duelo

Moi boa esta curta que nos chega vía Capítulo 0:


Verano

Non me acabou de convencer esta última novela de J. M. Coetzee, un escritor que me encantou con Desgracia hai xa anos. Verano é a terceira entrega das súas memorias noveladas. Non mirei as anteriores, pero debido ás marabillosas críticas que deste traballo lera mergulleime na súa lectura, aínda que saín, como digo, un pouco afogada.
Si supón un xeito orixinal de enfrontarse a si mesmo, un distanciamento diferente para falar dun mesmo. Nesta obra preséntasenos un Coetzee xa morto que recorre á figura dun investigador que tentará reconstruír unha pequena época do escritor a través de cinco entrevistas a persoas que por diferentes razóns formaron parte da súa vida. Persoalmente, as partes que máis me gustaron foron a primeira e a última, onde se presupoñen uns escritos atopados sobre ideas a desenvolver en posibles novelas e onde descubrimos a verdadeira relación co seu pai.
Unha parte de incuestionable valor é a que nos declara o autor: o escritor é un home que non se atopa nos libros.; nestes, como máximo, atópase a súa imaxe. Por iso o narrador de Verano debe falar con quen o tratou, para coñecelo mellor, para comprendelo, para chegar a saber quen foi.
De todos os xeitos, é un libro que se le dun tirón, ben escrito, como non podía ser doutro xeitor tratándose de Coetzee, que nos agasalla con personaxes moi vivos e ben trazados, que nos indica como a poesía latexa no máis fondo da prosa.


Cru espertar


Aínda que xa case non se fale do cru da petroleira BP inundando o golfo de México, as fugas seguen sen se resolver a día de hoxe, co que a morte esténdese por toda a costa, afectando ás costas de cinco estados (Florida, Alabama, Mississippi, Luisiana, Texas), é dicir, a peor marea negra de toda a historia daquel país. A fotógrafa estadounidense Jane Fulton realizou unha serie de retratos de persoas que se ofreceron a mergullarse naquelas augas contaminadas para amosar o difícil que resulta maxinar as consecuencias deste verquido: 'Crude Awakening'.






Vía

12/09/10

Xoga coa túa imaxinación

Spot para Nick Jr. creado polos estudos arxentinos de animación Ronda


Nick Jr. ID Imaginación from Ronda on Vimeo.



Vía

Visa pour l'Image

O mellor fotoxornalismo agasalla estes días á cidade francesa de Perpignan (a páxina dá opción de linguas... español e catalán -sen comentarios-) para contar historias duras, para amosar realidades, como o proxecto The Urban Cave: homes e mulleres que viven en Nova Iorque en casopas a pesar dos esforzos do Concello por botalos; unha historia de resistencia e humanidade á marxe da sociedade tradicional. Ou os dramas da vida en Haití, ou en Bangkok, ou o tráfico arredor do metal contaminado de Chernobil. Tamén se pode contemplar a serie de fotografías Tras o telón que percorre a actualidade de países como Moldavia, Corea do Norte, Cuba, China, Nepal, Vietnam e Laos, explorando un comunismo en mutación que trata de adaptarse ao século XXI para sobrevivir.




Vía

Escoitar a Alba Nogueira

Xa vos falei onte de Luís Villares e de Alba Nogueira. Nesa entrada colguei o pps que nos facilitou sobre a ilegalidade do decreo. Pero se aínda tedes algunha dúbida, podedes escoitala nesta gravación que se realizou este xoves pasado en Lalín.
"Os e as que impartades as aulas en galego ides estar cumprindo a normativa porque o decreto, en moitos aspectos, é ilegal"

Non á violencia contra as mulleres (CLXIII)

11/09/10

The Monkey and the Elephant

Curta de final de curso de Boris Maras, na Sheridan College.

The Monkey and the Elephant from Boris Maras on Vimeo.



Vía

Decreto Ilegal

Este xoves tivemos unha reunión en Lalín para falar da situación actual da nosa lingua nas aulas de Matemáticas, Tecnoloxía, Física e Química... seguida da presentación do libro coordinado por Luís Villares. Dá gusto escoitar a este home, con esa claridade de ideas e a súa vehemencia e convencemento. Aínda que a persoa que o acompañaba non se quedou atrás: Alba Nogueira agasallounos ademais con esta presentación para que teñamos moi claro quen e qué é ilegal: a insubmisión provén do propio goberno. Un decreto contrario á Lei de Normalización Lingüística, Estatuto de Autonomía, Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias e Constitución Española. Case náaaaa. Grazas a ambos.

Déixovolo nos dous formatos para que escollades o que máis vos gusta e o difundades:
Decreto Ilegal




De paso, lede o que lle di o ministro Caamaño á Xunta. E os profes ao Conselleiro.
E os profes co galego xa teñen blogue!

Só quedan os teus amigos

Campaña da asociación brasileña União Zoófila sobre o trato aos animais. Sensibilidade en estado puro:



Vía

A CGENDL e o comezo de curso

Valoración da CGENDL sobre o comezo deste curso:



Relacionado:
En Galicia Hoxe
En Galiciaé
Docentes impartindo en galego
Volve a ultradereita.

10/09/10

Allah Allah Ya Baba

Máis ca un poema

A partir de Nínive, de Chus Pato:

O futuro das pantallas

Este vídeo especulativo márcase unha data non moi distante para o que se vai ver: 2014… a fusión entre hardware e software. Vía Capítulo 0:


09/09/10

No corras tanto

Animación con area sobre cristal dirixido por Cesar Díaz Meléndez. Música de El Combolinga. Preciosa curta.




NO CORRAS TANTO (sand animation)
Cargado por cesarlinga. - Mira videos web originales.

El Lémur


Nunca nada lera de Benjamin Black (pseudónimo de John Banville) e comecei por esta novela curta El Lémur para ir "entrando en materia". É unha novela negra clásica -desas que máis que negra é thriller de suspense-, cun protagonista case cínico que non é, nin de lonxe, investigador, pero que terá que ir tirando as súas propias conclusións para resolver un caso que nun principio semellaba ir cara a outro lado e que solventará case por omisión. Unha novela na que non faltan amores adúlteros, poder, cartos e todos os ingredientes necesarios que non precisan máis de 200 páxinas para facer unha pequena obra ben escrita e estruturada... pero que non non me vai deixar maior pegada. Espero que outras obras deste autor me gusten máis, porque agardaba o que non obtiven.
Unha evasión máis, coma sempre, con este tipo de lectura.
Entretida.

Green Porno

Rossellini fixo unha serie de vídeos chamados "porno verde" para dar a coñecer a vida sexual de insectos e bechos. Nesta fálanos das chinches: as camas son o seu lugar favorito para instalarénse. Teñen un poderío tremendo para se aparear xa que as femias son penetrada por penes fortes e afiados e non necesitan aparato xenital. O seme entra directamente no seu fluxo sanguíneo e ao cabo de dúas semanas nacen 200 chinches que se alimentan do sangue da persoa coa que comparten a cama.


08/09/10

Biocultivos

O grupo Sacha na horta interpreta neste videoclip a canción Biocultivos, coa que gañaron a edición 2007 de Apologhit.


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.