Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/04/14

Ámote Leo A. en Roma

Se xa lestes o segundo libro de Rosa Aneiros, Ámote Leo A., saberedes que unha parte das aventuras de Leo transcorren en Roma. Se a personaxe é real ou non, só o saberá a súa creadora, pero o que si é real é que logramos que esta personaxe realizase unha parte da súa viaxe. O meu alumnado estivo uns días alá e levaron consigo o libro para que Leo pasease polas fermosas rúas romanas. Aquí a tedes, no avión e en lugares ben coñecidos.















Nós, mentres, agardamos a visita hoxe de Rosa para falar deste segundo libro.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.