Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/04/14

Elefante comellón

Publica Kalandraka este Elefante comellón de Rafael Ordóñez e Marc Taeger: divertido álbum no que varios animais anceian un soño e o perseguen, sumándose na súa procura. Como bo libro para os máis peques, ten unha estrutura acumulativa, facendo un xogo de palabras rimadas mentres as ilustracións son asemade unha invitación para entrar a xogar co libro: figuras esquemáticas que procuran un aspecto rústico agochando o seu dinamismo. Pero... e o elefante? Teredes que ler o libro para saber que se come este lambón!

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.