Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/04/14

Onde viven os monstros

Recibir o novo Onde viven os monstros coa súa bolsiña é un agasallo moi, moi especial. Deses que che indican que vas comezar ben o período vacaciona, coma se fose imposible estragar nada. Que luxazo! Non vou dicir nada novo deste libro, do que se teñen escrito miles de río tintados e que ten namorado a miles de ollos infantís. Só lembrarvos que se aínda non o tedes, que vai sendo hora. Que en todas as casas debe haber un exemplar. Que o temos na nosa lingua. Que a nova edición de Kalandraka goza dunha caalidade impresionante. Que... XA! Este é un álbum que pertence á Historia da Literatura Universal, do que se debe falar e que se debe contar en todos os coles. 
Reproduzo as palabras de María Jesús:
"Imaxes e texo dialogan na construcción dunha historia aparentemente sinxela na que son posibles moitas lecturas, mesmo a psicoanálitica que o considera unha excelente maneira de amosar como os nenos e nenas fan fronte as frustracións, utilizando a súa fantasía como arma de defensa contra os todopoderosos adultos. Max, o "monstro más monstro", o "Rei de todos os monstros", decide, porque quere, regresar coa súa mamá que o está agardando coa cea quente". 

 


 

2 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Canto cariño lle teño a este álbum... Bicos

Ronsel dixo...

Antonio!!! Grazas pola visita! O cariño é compartido, desdelogo

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.