Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/07/14

A Comunidade Mosuo

A dos Mosuo é unha sociedade matriarcal que se atopa en China, na ribeira do Lago Lugu. As fillas son un agasallo que fai que a familia sexa máis grande e poderosa. As mulleres administran os bens, organizan o traballo e gobernan. Non existes a figura do esposo. Elas únense por amor con homes que as visitan de noite. Os pais non teñen responsabilidade sobre os fillos que vivirán no clan materno.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.