Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/08/14

Alicia en un mundo real



Interesante e emotivo á par que humorístico este cómic da editorial Norma que nos fala dun drama: o cancro de mama. A milagre vén da man de Isabel Franc e Susanna Martin en Alicia en un mundo real. Coido que é un cómic importante, non tanto pola súa calidade, senón pola historia. Unha historia cómplice con calquera de nós, contada con humor e ao mesmo tempo con sufrimento. Eu pensei continuamente nunha compañeira que está a pasar polo mesmo drama, unha enfermidade que che fai pasar por días moi malos e que enfurece, que fai desexar ata a morte, e ao seu carón están as amizades, a vida que tira por un. E lembremos que a obra é autobiográfica!
Porque a obra non só aborda o problema da enfermidade en si, senón tamén a estética que esta conleva. Perder un peito e solucionar unha morea de dúbidas que provoca.
Como contar un drama en clave de humor? Este é, creo, o gran mérito da obra e dos seus debuxos, con trazos sinxelos pero humanos e tamén humorísticos. Moi intelixente o conxunto. Será entón que a vida é un agasallo?
Un libro auténtico e moi oportuno para ler e comentar. Non só dános para falar da enfermidade en si, senón tamén da estética, dos canons de beleza feminina e da homosexualidade.
Xenial!




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.