Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/08/14

Vida y opiniones de Tristram Shandy, caballero



A editorial Impedimenta sorpréndenos con esta marabillosa edición da novela gráfica Vida y opiniones de Tristram Shandy, caballero de Martin Rowson. Cómic extraordinariamente curioso, diferente, hilarante, que rompe con todo, baeado na novela homónima do século XVIII de Laurence Sterne. Anacronismos por todas partes, novelistas actuais, filmes que coñeceredes, intertextualidades,  destrozos e equívocos por doquier son as claves deste cómic que pode ser calquera cousa menos "normal". Hai frases tan extraordinariamente cómicas e incribles como cando na concepción de Tristram, a nai pregunta na cama ao seu home se lle deu corda ao reloxo. Porque estamos ante unha autobiografía onde o nacemento está no medio. Curiosísimo. E é que Tristram viaxa, literalmente, polas páxinas do libro. E isto todo mesturado dá como resultado un cómic complexísimo que nos amosa que a realidade aínda é máis complexa e resulta ben difícil de retratar mediante a Literatura.
A páxina final amosa o personaxe de Tristram como pintor que contempla un cadro no que aparece o propio Martin Rowson.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.