Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/10/14

Vagalume de versos

Os versos de María Canosa son a frescura do río, a inmediatez do cotián, o soño das viaxes, o voo dos paxaros, as ondas que moven os barcos, as ringleiras das palabras, as areas das praias, as flores dos xardíns, as buxainas que bailan e bailarn... Vagalume de versos, publicado por Galaxia e ilustrado por Yago Puentes Fernández, é un poemario que fala destas cousas que nos rodean nunha linguaxe sinxela para nenos e nenas, para que gocen da poesía e que a entendan facilmente. Son versos para ter a man, para comezar a aula, para que a xente miúda se adentre sen temor na forma poética en verso. Son palabras eternas que podemos queimar na cheminea do noso lar porque non van arder, permanecen dando caloriña cada día, mentres a lúa, o sol, as estrelas, arrecenden os versos da nenez e sorrín. Porque o sorriso cálido de María intúese detrás de cada estrofa. Rimada, por certo. Cal vagalume.


??????????

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.