Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/12/14

12 poemas de Federico García Lorca

Se aínda non tedes moi claros os agasallos de Nadal, esta é unha recomendación segura: a edición que Kalandraka fai de 12  poemas de Federico García Lorca con ilustracións de Gabriel Pacheco é unha auténtica marabilla. Se xa coñecemos a obra de Lorca, o que máis chamará a atención deste libro é desde logo a súa edición e ilustracións, que outorga unha dimensión fantástica aos poemas. Estes 12 poemas de ritmos populares herdados do floclores andaluz veranse reflectidos en espazos grises cheos de melancolía que enriquecen a nostalxia poética.

Imprescindible.

“Mamá.
Yo quiero ser de agua.
Hijo,
tendrás mucho frío.
Mamá.
Bórdame en tu almohada”


“Si muero,
dejad el balcón abierto.
El niño come naranjas.
(Desde mi balcón lo veo)
El segador siega el trigo.
(Desde mi balcón lo siento)
¡Si muero,
dejad el balcón abierto!”

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.