Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/03/15

Tara

Foi Ledicia Costas quen me descubriu este libro e esta poeta, así que antes de nada debo darlle as grazas. DVD Ediciones é quen publica este Tara de Elena Medel: encantoume! Poemas que falan de morte e da súa presenza constante, a morte como raíña absoluta da nosa vida, a morte que dá pero que tamén quita, a morte que ofrece e que nega, a morte que nos nos agasalla tempo; ao seu carón, a necesidade de recoñecernos a nós mesmos, de saber quen somos antes de que a morte avise, porque esta chega, silandeira, risoña, absoluta. Así é quen ten o poder de decidilo todo.
Fala o eu poético da morta da avoa, e é esta morte a desencadeante dos poemas que leremos a continuación. Unha tara difícil de superar que provoca ríos de tinta e papel para encher un baleiro que outras persoas, dende o amor, procuran.


Aquello en lo que te fijas cuando salimos por las noches

Mi madre me enseñó que la mejor forma de pasar por la
          vida era renunciando a la propiedad particular.
Ella me convenció de que podría transformar los balbuceos
          en música de cámara, con mis zapatos.
Tus zapatos son mágicos, me dijo. Pierde uno y ganarás un marido.
          Vende dos y ante ti se revolverán las semillas de tu reino.

Y yo susurraba: mi reino eterno. Junto a él.
Decidí que los compraría de colores para camuflar mi identidad,
          sobrios si aspiro a desvelar mis secretos.
No tacones ni zapatos planos ni aerodinamismo; le quiero
          suciamente. He descubierto que pasos-pequeños
conducen a una-mujer-seria-con-dos-rayas-absortas.

Descalza, de puntillas, vuelvo a tener diez años y a morirme
          por dentro de tanta soledad.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.