Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

20/04/15

Os ratos da casa


O último libro que nos ofrece Kalandraka na nosa lingua é Os ratos da casa do profesor e escritor de Cangas Xosé Manuel González, Oli, ilustrado por Natalia Colombo, gañadora do I Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. Un pequeno e divertido libro que nos fai chiscadelas dende o texto rimado e encadeado, onde a natureza -humana, animal, vexetal- é a protagonista. Noite e día sucédense, para que os ratos poidan comer con coidado de non seren pillados in fraganti. Ratos que perden a súa condición de "bechos noxentos", perigosos polas súas enfermidades que poden transmitir, para se converter en animais entrañables aos que lles desexamos sorte.
As ilustración destacan pola utilización de ceras e lapis de cores-


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.