Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/05/15

El niño raíz


Kitty Crowther é a autora deste estraño e fantástico álbum que publica Lóguez: El niño raíz. Un álbum chamativo polas ilustracións e o misterio que transmite o seu texto. A soidade primixenia dá comezo ao  libro, un libro poboado de maxia e criaturas estrañas, pero tamén de amor, ao mesmo tempo que os decorados oníricos e misteriosos apoderánse do lector. Estamos a ler unha historia que implica curiosidade e que nos convida a cambiar a orde lóxica coa que vemos o mundo. Non todo é o que semella, nin ninguén está libre de amar e de sentir con forza. Sentir pode ser unha aprendizaxe á que se chega doadamente.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.