Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/05/15

Hecho en falta

 Descubrir a Juan Bonilla vén de ser toda unha revelación marabillosa: encantoume! Hecho en falta é un libro de "Poesía reunida" que publica Visor. Gustáronme todos os poemas, teño tantos marcados que non sei nin cal copiar para deixarvos aquí. Claro, por lacazanería, traereivos un curto, pero quizais o meu preferido sexa "El combate del siglo". É un poesía cargada de ironía, con parodias, con xogos de aparencias, tratando toda clase de temas de xeito inesperado: filosofía, amor, sexo, personaxes célebres, DNI... Pero o mellor é que resulta unha poesía cercana, sen artificios rimbombantes nin escuridades sorpresivas. É unha poesía que "chega". E o mellor é que chega para quedar. Porque nos seus poemas hai profundidade na que mergullarse mentres se contempla o que hai arredor, porque é o suficientemente hábil para combinar imaxes coa forza do cotián. E ademais hai humor, sarcasmo, acidez, mesmo utiliza as expresións tópicas para roubarlles xogos que as volven do revés. Resulta que na súa poesía, como na vida, hai sorpresa. Perplexidade: 
“En todas partes esta sensación 
de haberme presentado disfrazado a una fiesta de disfraces 
que fue desconvocada sin que nadie me avisara”.


 Solo una cosa
                         queda de aquel amor:
                                                                aún leo tu horóscopo.


QUIEN TE CONOCE

Sólo quien te hace temblar de placer te conoce.
Quien consigue que te libres de las letras de tu nombre.
Quien te transforma en música, en un dios-nadie.
Sólo ese te conoce.

Quien se sube hasta el borde del pensamiento,
le roba las esquinas a la cárcel tiempo,
te deja en las cornisas del alma, en el abismo
donde ser significa no ser más uno mismo.
Sólo ese te conoce.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.