Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/05/15

POÉTIC@


Aínda non tiven moito tempo para demorarme como é a miña intención nesta nova creación de Fran Alonso, poesía que medra cada día porque non lle cómpre o papel. Un poemario online que pode lerse en galego, castelán e portugués e está habilitado para pantallas de ordenador, tabletas e móviles:
Poétic@ é un libro de literatura electrónica que vai máis alá dun mero libro, xa que tende fíos para seren tecidos, par compartir, para participar. Hai voces diferentes, recursos de todo tipo, vídeos, música, emoticonos, enredos varios. Todo cabe neste mundo da poesía que nos propón Fran Alonso para rachar co que tiñamos preconcibido. E consegue, en primeiro lugar, soprendernos. E despois, atraernos. Gústame ir de cando en vez na procura dunha nova sorpresa. E sei que a vou ter. Hoxe descubrín un cuestionario para saber se son poeta. Non vos vou dicir o resultado!


1 comentario:

paideleo dixo...

Bohh !. Terá que resultar poética; una persoa co esta sensibilidade non pode dar outra opción.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.