Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/08/15

Ur: libro de lluvia



Foi Mar Benegas quen me descubriu esta xoia: Ur: libro de lluvia de Juan Kruz Igerabide, Elena Odriozola e Oihane Igerabide. De Cénlit Ediciones. Unha caixa que é unha suma de narración, poesía, ilustración e música. E de fondo, a choiva. "Ur" significa auga en euskera, o nome dunha gota de choiva que non quere cumprir o seu destino e permanece na nube que a mece. A partir de aí, a poesía.
Mentres, podemos xogas coas siluetas de mulleres, homes, nenos e nenas que á súa vez podemos combinar coas transparencias que representan diferentes tipos de choiva, algo do que moito sabemos aquí e que na nosa lingua ten multitude de denominacións. Así que tamén pode ser un bo xeito de apredermos as nosas palabras.
E aínda hai máis: música.
Un xogo ideal.
A quen non lle gusta a choiva???



























Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.