Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/02/16

El letrero secreto de Rosie

Sempre é motivo de celebración recibir un libro de Maurice Sendak. A editorial kalandraka decidiu que calquera día sexa festa grazas a esta iniciativa grandiosa, a de recuperar todos os libros deste xenial autor. E agora temos entre as mans El letrero secreto de Rosie, un libro que nos leva ata Brooklyn, escenario onde se desenvolverá a historia, unha historia onde uns nenos e nenas xogan nas rúas, uns xogos que farán que o lugar onde viven se convirta no escenario máis emocionante do mundo polas súas aventuras imaxinarias. Pero estas non sempre son felices, e o autor así nolo amosa, porque nos xogos da infancia tamén hai espazo para a tristura, para a soidade, para o abandono. E mesmo para o aburrimento.
Un libro que se converte nunha historia de teatro narrada onde o universo perfecto das mamás tamén ten cabida, e acubillo -con delicadeza en todos os detalles-.
A intemporalidade como marca da casa. 

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.