Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/02/16

El lobo rojo

Friedrich Karl Waechter é o autor de El lobo rojo publicado por Lóguez. Un álbum que fala de como un can é educado por lobos ata que aparece o ser humano como o que sempre é: un depredador, desta volta denunciando, asemade, a guerra (só mediante ilustracións): semella que os humanos son incapaces de respectar a pacífica convivencia; así mesmo, a nai loba sofre un terrible accidente e convértea nunha vítima máis da maldade humana. O noso protagonista, ferido de morte, será adoptado por unha nena que o coidará ata o derradeiro momento.
Destaca neste fermoso álbum, ademais da escrita a favor do respecto pola natureza, as ilustracións lenes, delicadas, doces, vivaces.
Todo un alegato pola dignidade dos seres vivos.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.