Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/02/16

La costilla de Adán

Por pura necesidade ando eu a voltas coa novela negra, e desta tocou La costilla de Adán de Antonio Manzini, publicada por Salamandra na súa colección "Black" e que aborda un problema tan grave como é o da violencia de xénero, sumándose a algúns libros deste xénero que falan deste tema. Esta é a segunda entrega, e contemplamos unha evolución do noso detective Rocco Schiavone, que pouco a pouco vaise afacendo ao seu novo lugar de residencia, pero que segue tendo en mente, unha e outra vez, a súa muller; e tamén é unha obra máis ben acabada cá anterior, quizais, si, algo predicible, pero máis redonda, con personaxes máis complexos e cunha trama mellor elaborada. Ten máis profundidade e a lectura agradéceo; seguimos pegados a ese tufo tristeiro que trae unha e outra vez Rocco, nun ambiente de soidade que quereremos acompañar dende o noso silencio. Así como se agradece a preocupación do autor por denunciar este mal social da violencia de xénero, dando asemade datos precisos sobre as estatísticas italianas nos "Agradecementos" finais. 
A ter en conta.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.