Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/02/16

Mujeres

Fermosísimo este álbum ilustrado de Isabel Ruiz Ruiz que publica Ilustropos baixo o título de Mujeres. 18 mulleres -difícil tivo de ser a escolla- que forman parte da historia por mérito propio e que moitas veces son esquecidas por seren, simplemente, mulleres: Hipatia, Concepción Arenal, Marie Curie, Florence Nightingale, María Montessori, Alice Guy-Blaché, Isadora Duncan, Virginia Woolf, Clara Campoamor, Amelia Mary Earhart, Margaret Bourke-White, Frida Kahlo, Hellen Keller, Dian Fossey, Rosa Parks, Gertrude Ederle, Irena Sendler e Miriam Makeba. Ou sexa, temos mulleres poetas, pintoras, científicas, políticas...
As ilustracións van acompañadas dunha frase nas que falan de si mesmas, do seu xeito de ver o mundo, da lección de vida que supón a súa propia loita. Asemade, unhas notas biográficas para sabermos a quen temos en cada páxina.
Un proxecto que loita por visibilizar aquelas que son invisibles nesta nosa sociedade patriarcal.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.