Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/02/16

Unha festa sorpresa

Kalandraka tráenos este divertido álbum de Pat Hutchins, Unha festa sorpresa, relato acumulativo que demostra cantas veces deturpamos aquilo que oímos para ilo cambiando de tal xeito que todo parecido coa realidade é pura coincidencia. Unha confidencia que vén a ser un segredo a voces que cambia en cada páxina, pero que a pesar de tanto equívoco terá un final feliz. O final da historia será un regreso ao seu principio, para poñer todo en orde. E mentres, a lectura é un xogo feliz, un equívoco divertido sen malas intencións ideal para ler con varios nenos e nenas.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.