Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/06/16

Emilio

A editorial Kalandraka pubica este clásico de Tomi Ungerer, a quen sempre paga a pena volver, e Emilio non o é menos. Emilio é un polbo, si, un personaxe que non adoita ser precisamento o bo dos filmes nin dos libros; pero este autor é así, elixe aqueles animais menos considerados para facer con eles e deles (lembrade Críctor) uns personaxes entrañables e heroicos. Emilio decide axudar e ser o mellor amigo do home, pero vivir en terra é demasiado aburrido e el prefire o mar. Quen llo vai reprochar? Nós non, desde logo, xa que desexamos ter un amigo tan afouto entre nós, porque sabe darlle valor ao que realmente o ten. E diso algo poderemos aprender.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.