Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/06/16

Ollos. Animais extraordinarios

Nova entrega desta preciosa serie animal que nos ofrece Kalandraka sobre Animais extraordinarios. Desta volta, Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández achéanos as distintas ópticas dos animais neste Ollos. Animais extraordinarios. Porque... cremos que os animais ven coma nós? O seu sentido da vida está igual de desenvolvido có noso? Ven máis ou menos? Diferencian as mesmas cores ca nós? Ven de día igual que de noite? Captan calquera movemento? Como ven o mundo que nos rodea? Adaptouse o sentido da vista á súa propia supervivencia?
Estas preguntas e algunhas máis teñen resposta neste álbum que xa nos convida a entrar nel dende a portada. Como marchar dela se temos estes ollos fixos mirándonos? Non, non, hai que pasar as páxinas e buscar, procurar, indagar, e aprender. Polo simple pracer de facelo. Porque facelo así é pracenteiro. E porque dá gusto ter na man libros de divulgación científica tan axeitados e amenos.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.