Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/02/17

Trazado. Un atlas literario

En Impedimenta podemos atopar esta marabilla de Andrew DeGraff con textos de Daniel Harmon: Trazado. Un atlas literario é unha fiestra, desas que de cando en vez algunha editorial nos agasalla para que poidamos mergullarnos no universo sen límites que as Letras e a Literatura nos ofrece. Este libro álbum é unha viaxe que nos engula para meternos no máis íntimos dalgunhas obras literarias, 19, para sermos exactos, das que ademais teremos novas visións grazas á harmónica unión de texto e ilustración que temos nas mans. Supoño que habería que ter lido todas estas obras, que non é o caso, pero creo que esta lectura ten a virtude de meter gañas de ler estes clásicos. Pero dá igual, con Trazado percorreremos eses libros, lidos ou non, dun xeito descoñecido, cun mapa na man, que nos aporta unha viaxe pletórica, chea de emocións e coñecemento.
Unha marabilla lectora.




Trazado: Un atlas literario from Editorial Impedimenta on Vimeo.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.