Como vexo que Antonio tivo a xenerosidade, coma sempre, de incluírnos nesta rolda dos blogs galegos, creo que debemos unha explicación. Se queredes, podedes ler no blog do Colmeiro a nosa despedida. Mudamos de casa. Esta que agora tendes é o noso novo lar na blogosfera. A casa que construímos xuntos Anxo e mais eu, Gracia.
Vedes que esta é a entrada número 99. No verán traballamos arreo no mundo dos blogs, e decidimos mudalo de lugar. A este noso lugar. Pedimos seguir ao voso carón, se nolo permitides, porque seguimos a ser bibliotecarios sen biblioteca, agora cunha biblioteca virtual grazas ao blog. Seguimos en pé coa mesma ilusión que tiñamos antes. E seguiremos a traballar pola cultura dende as nosas aulas.
Grazas ao PLAMBE coñecemos xente marabillosa cun mesmo obxectivo: mellorar a nosa sociedade. Un obxectivo que segue a ser o que nos conduce nesta nova andaina blogueira. Grazas por estardes aí e axudarnos a manternos en pé. E, sobre todo, grazas por lernos e comentarnos. Esperamos, cando menos, non defraudar as expectativas.

¡Benvidos e boa sorte nesta nova etapa!
ResponderEliminarDesde o Ribeiro, contra as ixustizas, seguirémosvos continuamente. Moito ánimo!
ResponderEliminar