21/09/07

Liberdade...

Onte pola tarde vivín unha das experiencias máis impactantes da miña vida: levar a miña música ao interior dun cárcere. E preciso dalgún xeito facer públicos os sentimentos tan diversos que pasaron pola miña cabeza.
Coñecer desde dentro unha realidade que nos parece moi afastada; apertar a man de persoas que estiman infinitamente calquera pequeno detalle que os aparte da monotonía; recibir aplausos agradecidos; saber que, por un tempo, puideches facer esquecer momentos amargos.
Ao fin, valorar máis que nunca o feito de ser libre.
E isto vai para eles.

2 comentarios:

  1. Eu pregúntome por que me tes que ler o pensamento! Ía dicirche que nos contaras esta experiencia no blog! É que non pode ser, de verdade!!!

    ResponderEliminar
  2. Alégrome de que disfrutases desa nova experiencia de cantar nun cárcere :)

    unbico!

    ResponderEliminar