12/09/07

Linguaxe cifrada

Cada vez que recibo un sms dalgunha das "miñas nenas" paso un bo anaco de tempo descifrando o que me din. Os emilios son máis claros, aínda que comen letras, saltan palabaras, signos... Nin que dicir ten cando dialogamos polo messenger: entre iconos destrutivos, cariñosos e come-letras, todo un mundo por descubrir. Amósovos unha moi boa caricatura de Guffo Caballero, que tamén se preocupa pola linguaxe:

Xa o o dicía Pessoa:

A gramática
é máis perfecta
que a vida.

A ortografía
é máis importante
que a política.

A sorte dun pobo
depende do estado
da súa gramática.

Ningún comentario:

Publicar un comentario