Ese foi o primeiro gran paso que deron Juan Valdivia (guitarra), Pedro Andreu (batería), Joaquín Cardiel (baixo) e Enrique Bunbury(voz) para chegar a ser unha referencia mundial dentro da música rock en castelán. Países como Alemaña, Francia, Italia ou México sucumbiron á avalancha de música en directo destes maños e de temas míticos como "Entre dos tierras", "Maldito duende" ou "La chispa adecuada". Incluso a propia crítica musical, que nos primeiros anos arremetía duramente contra a banda, non tivo máis remedio que admitir a evidencia da calidade dos discos e do directo dos héroes.
En 1995, o grupo decide separarse sen chegar a coñecerse en realidade a causa desta ruptura (de feito existen multitude de lendas en torno a isto).Trala separación, Bunbury comeza a súa carreira en solitario sorprendendo a público e crítica coas súas composicións que escapan radicalmente do estilo anterior. Música electrónica, Rancheiras, tangos, música comprometida e de autor que achega ao zaragozano a un público que non o coñecía.
En outubro deste ano producirase o ansiado regreso de Héroes del Silencio con 10 concertos en España e Sudamérica con motivo do 30 aniversario da formación da banda. As entradas esgotáronse aos dous días de poñerse á venda e o pior de todo é que... ¡¡eu quedeime sen ela!!
Discografía básica
- Héroe de leyenda (1987)
- El mar no cesa (1988)
- Senderos de traición (1990)
- El espíritu del vino (1993)
- Avalancha (1995)
Ningún comentario:
Publicar un comentario