14/09/07

O club da calceta

A importancia deste premio non é só a súa cuantía (3000 €) senón que radica en que os xurados son alumnas e alumnos de segundo de bacharelato de cinco institutos de Galicia.
Seis mulleres diferentes acoden a clases de calceta, lugar onde converxen as súas frustracións. Dende as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. E chegamos a unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina.
Un libro que cando o comezas, xa non o podes deixar, porque queres saber máis, queres coñecer a todas as integrantes do grupo e queres deixarte levar polo optimismo final da autora que, desta volta, nos agasalla cun gran futuro esperanzador. Para quedar cun bo sabor de boca. Para crer en nós.
Non deixedes de lelo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario