29/09/07

Os filmes da miña vida (IV)

Cadena perpetua

P
arecerá estraño que vaia falar dunha peli que transcorre nunha prisión, pero este filme paréceme extraordinario, non só pola calidade dos seus actores, dos mellores dende o meu punto de vista (Tim Robbins e Morgan Freeman), senón polo desenvolvemento da trama: non trata sobre o seu protagonista, senón sobre a nosa relación con el, a nosa curiosidade, a nosa piedade, a nosa admiración. Se o personaxe interpretado por Tim Robbins (Andy Dufresne) tivese sido o centro da acción, a película sería convencional e menos misteriosa. Pero interésanos saber se é realmente culpábel, por que se comporta dese xeito tan diferente...
Utiliza a tranquila e observadora voz do narrador para mergullarnos na historia duns homes que forman unha comunidade no cárcere. Pero sobre todo trata da continuidade durante toda unha vida baseada na amizade e na esperanza.

1 comentario:

  1. MARAVILLOSA PELÍCULA!!!!!
    SENTIR (AINDA QUE NON PROPIA) ESA SENSACIÓN DE VINGANZA É DO MELLORIÑO!

    RECOMENDO ESTA PELÍCULA.

    CANDO ANDY LLE PON MÚSICA A TODOS NO PATIO...AIIIII, FAVOLOSO! FAVOLOSO!

    O ACTOR DE COR (NON RECORDO O NOME NA PELI) CANDO LLE RESPONDE AO XURADO SOBRE A PREGUNTA DE ¿ESTAR REHABILITADO? ...


    UNBICO!

    ResponderEliminar