En Chile acaban de iniciar unha campaña algúns (6) "famosos" co lema: "Frente a la violencia, no seamos cómplices". Esta campaña inclúe un vídeo, frases radiais e pezas gráficas, e nela participan seis homes representativos de diferentes ámbitos da vida nacional, quen, dende unha mirada masculina, invitan á xente e en particular aos seus pares de xénero, a reflexionar, prever e deter a violencia contra a muller. Durante a presentación da campaña, o ministro Lagos Weber afirmou que "as leis axudan, pero nada será suficiente se non cambiamos as mentalidades. Non podemos esperar que a lei sexa a única resposta. Hai un esforzo individual que temos que facer cada un de nós, homes e mulleres, para erradicar a violencia contra a muller".
Ningún comentario:
Publicar un comentario