30/11/07

Orixe da Lúa

Ao descubrir que a composición da Lúa era a mesma que a da superficie terrestre supúxose que a súa orixe tiña que vir da propia Terra. Un corpo tan grande en relación ao noso planeta dificilmente podía ser capturado nin tampouco era probábel que se formase xunto á Terra. Así, a mellor explicación da formación da Lúa é que esta se orixinou a partir dos anacos que quedaron tras unha cataclísima colisión cun protoplaneta do tamaño de Marte. Esta teoría tamén explica a gran inclinación axial do eixo de rotación terretre que tería sido provocada polo impacto

1 comentario: