Hai xa algún tempo (sería noutra vida?) falabamos dos SMS da xente nova que tan difíciles son de comprender. Hoxe, a través de Papel en blanco, recuperamos o tema. Cada vez hai máis tendencia a trasladar o código SMS á escritura sobre papel: tanta economía lingüística e couces á ortografía danan á vista... e iso cando comprendemos o que din, que non sempre é doado. Tamén no computador pode ocorrer que nos enchamos de abreviaturas, e que nos esquezamos dos tiles. E todo isto pódese ver con humor, aínda que a situación sexa preocupante...
Ningún comentario:
Publicar un comentario