14/02/08

Día de amar... seica

A verdade é que me fixo tanta graza a noticia que non puiden deixar de traérvola, a pesar das reticencias oportunas por falar destas cousas no blogue. Terei que avisar que este post é para maiores de 18 anos? Debería poñerlle dúas estrelas que indiquen a moralidade?
A noticia que lin en Mangas verdes é a seguinte:

Un grupo de científicos logrou fotografar a uns gorilas en pleno acto sexual executado segundo a postura do misionero, que até agora pensábase exclusiva dos seres humanos. Pero o certo é que parece ser que non, que o amplo abano das posturas sexuais ten tamén unha certa ascendencia entre a comunidade animal ou -cando menos- entre os primates máis avanzados.


Será que estes primates toparon un Kamasutra na selva? Os libros ilustrados é o que teñen: unha vez que empezas, queres ver todas as fotografías.
Vaia, que non somos ninguén!
E con perdón, eh?!!! Que non se me enfaden!!!

Vale, pórtome ben...: Feliz día, que non se diga (e que conste que estou en contra, pero son ben mandada)





7 comentarios:

  1. mira que monada¡¡¡¡¡¡¡
    Así me gusta faite boiña.

    ResponderEliminar
  2. Canto tempo sen pasearme por estes mundosss!!!
    Eu tampouco estou demasiado a favor deste dia, porque se queres a unha persoa querela todos os dias!!!! e sempre lle hai que demostrar o importante que é para ti...
    e quen nos ia dicir o dos gorilas eh!!! que son mais listos do que pensamos que son!!!! e sintoo, eu lino, eso que ainda son unha nena peque!!! jeej.
    Beixiños!!! :D
    14_nov

    ResponderEliminar
  3. 14_nov: canto te botaba de menos!!! Xa era hora de que volveses, non? E xa sei que non é por min, pero que se lle vai facer... bicos!

    ResponderEliminar
  4. e como tes tan claro que non é por ti??? jeje, vai polos dous!!! que por certo! fai moito moito tempo que non sei nada de anxo!! bueno, vemonos, beixiños de novo!!!
    14_nov

    ResponderEliminar
  5. estou aquíiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii

    Un biquiño, 14_n!!!

    ResponderEliminar
  6. hahahaha
    vaia vaia
    bonito fotografia
    aínda q non está moi
    ben sacada
    non se ve nada!!
    haha

    ResponderEliminar
  7. all you need is love...
    eso din,non?

    besiños!


    [Adelcisa]

    ResponderEliminar