20/02/08

A lúa cambia de cor


Esta noite teremos a ocasión (se non hai nubes) de ver un eclipse total de Lúa, coa particularidade de que non haberá outro similar até o 28 de setembro do 2015. É unha ocasión case única de ver como a nosa Lúa se viste de vermello, iso grazas á refracción da luz solar na atmosfera debido ás partículas de po.


Este eclipse total de Lúa presentan características moi atractivas e coxunturais de difícil repetición:
- Verase integramente desde toda Sudamérica e desde Europa occidental.
- É o último que se verá integramente desde Sudamérica en sete anos
- É o último total que se verá integramente desde España en seis anos (até o 15 de abril do 2014)
- Antes da eclipse, a Lúa pasará entre dúas estrellas brillantes, Regulus e 31 Leonis.
Este espectáculo poderemos velo desde as dúas da mañá até as catro e media, aproximadamente.

Esta é unha animación dixital ilustrativa de como se espera ver a eclipse lunar desde o norte de Baixa California, México. O hoarairo que aparece no vídeo correspóndese con este lugar, non co noso, ollo!!!:


2 comentarios:

  1. A verdade é que foi maravilloso ver como a lúa se mudaba a sua cor branca por unha avermellada por uns intres,expetacular...

    ResponderEliminar
  2. Que facias a esas horas desperta?
    Tiñas que estar xa durmindo, así despois non rendimos nas clases, claro, pasamonos a noite mirando p'as nubes.
    Un de Forcarei

    ResponderEliminar