18/02/08

A máis fermosa

A revista multicultural alemá KulturAustausch acaba de elixir "a palabra máis fermosa do mundo". Cun par.
Un xurado de escritores xermanos decidiu que a gañadora era a voz turca Yakamoz, que significa "o reflexo da lúa sobra a auga".
Como segunda clasificada aparece o sintagamo chinés hu lu, literalmente o "ronquido harmonioso da persoa amada ao teu lado no leito". Outras galardoadas foron volongoto (caótico) do baganda ugandés; a norueguesa oppholdsvaer (a luz do día tras a choiva), a africana madala (grazas sexan dadas a Deus) e a portuguesa saudade.
Participaron na selección 2.469 palabras, de 58 países.
E vós, por cal votariades?
Veña, anímadevos a participar na vosa propia selección!

2 comentarios:

  1. Non penso dicircha.
    Se o fago dirás "total sempre pos o mesmo"!!!!!
    Así que hoxe, para variar, só hai apertas...

    ResponderEliminar
  2. Xa a sei, pallasa!!! aloumiños... como que cha ensinei eu!!!! Bicos, aloumiños e apertas, a quen sempre está aí.

    ResponderEliminar