16/02/08

Real?

Un dos problemas que inquedaba ao filósofo Descartes era o problema do real. Como saber que non nos equivocamos cando cremos nalgo? Como estar seguros de que os "sentidos" non nos enganan? Como distinguir os soños da realidade? E se un ser poderoso nos enganara constantementes?
O doutor House plantéxase estes interrogantes. Ás veces pódese ter un soño tan real que pareza verdadeiro, ou unha alucinación moi forte. O seu interlocutor recoméndalle que non actúe, que só pense. É mellor suspender o xuízo, facer unha dúbida metódica. Partir de cero. E así tratar de chegar a algunha idea "clara e diferente" tan só pensando. Porque se pensa cando menos pode saber que é un ser pensante, que por iso mesmo é algo que ten existencia.



Vía La lechuza de Minerva

3 comentarios:

  1. moi interesante este post... invito a todo o alumnado de segundo de bacharelato a disfrutalo, e a relacionalo co que teñen que estudiar para os vindeiros días...
    suso

    ResponderEliminar
  2. Un gran honor recibirte aquí, querido compañeiro. Non tes máis que propórllelo ao teu alumnado. Faranche máis caso a ti, seguramente.

    ResponderEliminar
  3. para todos aqueles que queiran ser doutores, non vos perdades "house".
    moi bo blog.
    As Andreas

    ResponderEliminar