05/03/08

Pola Igualdade da Muller (IX). Vixencia do sexismo

Unha enquisa entre adolescentes publicada hai uns meses constata a vixencia do sexismo: Os adolescentes perciben claramente que as súas nais son as que levan o peso da casa e aínda que teñen un sentido crítico á hora de observar os estereotipos, estes seguen vixentes. Encher o frigorífico, preparar os almorzos ou facer as maletas seguen sendo tarefas das mulleres, mentres que realizar pequenas chapuzas na casa, comprar o coche ou facer a declaración da renda son tarefas que recaen nos homes. En xeral, aos adolescentes non lles gusta o pouco que fan os seus pais na casa, mesmo lle produce certa vergoña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario