24/03/08

Retos matemáticos... e non tanto (II)

A petición do noso habitual lector bolbor aquí vos traio un par de novos retos para que vos escachedes a cabeza. Se sabedes a resposta non dubidedes en facela pública...sorte!

Reto 1.- O xurado do proceso de dous homes acusados de asasinato declara culpable a un deles e inocente ao outro. O xuíz diríxese ao culpable e dille: "¡Este é o caso máis raro que vin na miña vida! Aínda que a súa culpabilidade está máis que probada, a lei obrígame a poñelo en liberdade"
Como é posible isto?

Reto 2.- A suma de tres cifras iguais dá como resultado 60. As cifras non son 20. Que cifras son?

Solucións ao reto anterior:
Enigma 1: unha non é dun euro, pero a outra si
Enigma 2: están ordenandas alfabéticamente
Enigma 3: el mesmo
Enigma 4: 59 ovos

6 comentarios:

  1. Pufff eu ao reto1 non lle dou traza pero ao 2 máis ou menos...eu creo que a resposta é esta:
    55+5=60

    ResponderEliminar
  2. o primeiro é imposible!!
    O segundo estaba máis claro pero tiña truco 55 + 5

    ResponderEliminar
  3. Pois podería darse o caso se a condena do culpable tamén condenara a o inocente... é dicir, se foran irmáns siameses. Grazas polas adiviñas, aínda que sexan postas con mala intención... jijijiji!!

    ResponderEliminar
  4. Esquecinme dunha cousa, no enigma anterior (a vella con ovos -no bo sentido, claro-) creo que se cumpre para calquera número que responda á fórmula 60·n-1 con n=1,2,3... A ver se hai algún matemático que nos explique a razón...
    Saúdos para todos.

    ResponderEliminar
  5. moi ben amigo bolbor!!!

    Vese que o talento está presente nos lectores do blogue!!

    Respecto ao que dis da fórmula matemática, por suposto que tes toda a razón, aínda que coido que a vella non podería levar 5999999ovos...(p.e.) non cres?
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  6. Que borde me poño ás veces...
    E se a vella ten lombrigas?
    Seica unha sóa femia de Ascaris lumbricoides pode conter ata 27 millóns de ovos...
    Talento é o que lle sobra aos autores deste blogue, querido anxinho...
    Unha aperta.

    ResponderEliminar