16/04/08

Arte do libro

As persoas que coma min adoren os libros, non só para lelos, senón para tocalos, ulilos, acariñalos... seriamos felices de estarmos en Londres e contemplar a exposición de libros convertidos en arte que hai no Museo Victoria & Albert. A exposición chámase "Sangue sobre o papel-A arte do libro" e amosa como pintores e escultores crean libros moi particulares, onde o papel é o de menos, desde volumes atravesados con láser ata un libro-escultura de dous metros de alto creado con cartón e chumbo. Hai obras de Matisse, Picasso e Chillida, maxinade! Pero para os que non podemos ir, temos Internet:



Claro que ademais hai outros artistas que transforman os propios libros en obras de arte, e iso que eu sempre digo que os libros son sagrados! Podemos atopar a Alicia saíndo das súas páxinas, casas en tres dimensións tallades en láser no interior do libro, obras que cando abren deixan saír lámpadas...



Ningún comentario:

Publicar un comentario