26/04/08

A flor máis grande do mundo

Juan Pablo Etcheverry realiza curtas de animación coa técnica do Stop-motion realmente fermosas e cheas de sensibilidade. O seu último traballo, "A Flor máis grande do mundo", baseada no conto de José Saramago, foi premio do público no Festival de Cannes no ano 2007. O propio Saramago é o narrador, preguntándose ¿E se as historias para nenos foran de lectura obrigatoria para adultos? ¿Serían realmente capaces de aprender aquilo que levamos tanto tempo ensinando?
Ademais de poñer a súa voz, presta a súa imaxe en plastilina. Un relato ao que acompaña unha reflexión sobre a literatura infantil e a defensa da natureza envolto na música de Emilio Aragón.


2 comentarios:

  1. Preciós conte. El posaré al nostre bloc perquè els nens i les nenes en puguin gaudir.

    Moitas grazas.

    ResponderEliminar
  2. Sen dúbida é un conto moi fermoso, pero sería sublime se se fixera realidade. Lamentablemente aos humanos cústanos demasiado non posuílo todo, todo o medimos, o repartimos, o compramos, o vendemos... poucos reparan en que se necesita un enorme esforzo de xenerosidade, temos que regalarnos a Natureza, o pracer de coñecela e contemplala nos enchería de vida e sabedoría. Somos soberbios e ridículos ata máis non poder, ata o mundo nos foi dado por deus para utilizalo ao noso xeito. Por que seremos tan torpes... oxalá alguén atope esas palabras sinxelas que todos sabemos, oxalá o consigamos entender... a tempo.
    Un saúdo.

    P.D. xenial o folleto "Ecoluxury"

    ResponderEliminar