09/04/08

Para os amantes do surrealismo...

Jacek Yerka naceu nunha pequena cidade do norte de Polonia nos comezos dos 50. De pais tamén artistas, digamos que isto de pintar vénlle de caste, aínda que o seu estilo non pareza moi ortodoxo.
As súas principais fontes de inspiración foron os autores do século XV alemáns, se ben os seus soños e as súas lembranzas da nenez aparecen moitas veces reflectidos nas súas obras (lugares, olores, sentimentos...).
En 1995 recibiu o premio Fantasy World Award como mellor artista e as súas obras inspiraron a novelistas e cineastas.


1 comentario:

  1. Isto é unha pasada!!
    algúns que tan ben pintan
    e eu que non pinte nada...

    ResponderEliminar