01/04/08

Retos matemáticos... e non tanto (III)

Parece que a moitos de vós vaivos isto de romper a cabeza con estas cousas, así que por min que non quede. Tres carameliños en forma de enigmas... a pensar, a pensar!!

Reto1.- Un cego entra nunha tertulia de señoras. Queda un intre á escoita e despois di:
- "Saúdo ás vintecatro damas aquí presentes"
- "Non somos vintecatro - respondeulle unha delas - pero se fósemos cinco veces máis das que somos, seriamos tantas máis das vintecatro como tantas menos somos neste momento."

Cantas señoras había na tertulia?

Reto2.- Todas as camisas dun gardarroupoa son brancas, menos dúas; todas son azuis, menos dúas; todas son rosas, menos dúas.

Cantas camisas hai de cada cor?

Reto 3.- Dous profesores pasean charlando das súas familias:
- "Por certo, - pregunta un - de que idade son as túas tres fillas?"
- "O produto das súas idades é 36, - contesta o outro - e a súa suma, casualmente, é igual ao número da túa casa"
Tras pensar un chisco, o que formulara a pregunta afirma:
- "Fáltame un dato!"
- "É verdade, perdoa! - concede o outro - esquencera dicirche que a maior toca o piano"

Que idades teñen as fillas?

Solucións ao reto anterior:
Reto 1: son siameses
Reto 2: 55 + 5 = 60

11 comentarios:

  1. Pois... as solucións ordenadas dos dous primeiros forman un número qu é a suma de tres primos consecutivos é tamén a suma de cinco primos consecutivos. Agora ben, no último hai algo no que non caio... fáltanme datos, e cando faltan datos ao ler un problema é que hai algo do que non estamos sacando información...
    Espero resolvelo en menos dun mes.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Hai unha camisa de cada cor. Dos demais non sei a resposta. Sigo pensando

    ResponderEliminar
  3. A ver se daou coa solución correcta:
    Do primeiro 8 señoras.
    Do segundo hai 3 camisas unha de cada cor.
    Do terceiro 6, 2 e 3 anos. (porque aínda que hai máis posibilidades eu sei que vive na casa de número 11..... (a non ser que cambiara de domicilio e eu non me enterara...)

    A verdade é que estos son ben dificiles

    ResponderEliminar
  4. Vexamos...
    - estimado bolbor: vexo que estás lixeiramente despistado desta vez. Ou non liches ben as preguntas ou algo che falla. Repasa, repasa... E rómpete a cabeza co terceiro!!
    - ayayay sigue pensando os demais...
    - querida oki... creo que cambiou de domicilio ultimamente jejejeje

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  5. Queridiño anxiño, despistadiño amiguiño, fuches por mal camiño... (iño... iño...iñoo... -é o eco-)
    O que dixen é certo, a solución do 1º é 8, a do 2º é 3, 83 é a suma de 3 primos consecutivos (23+29+31) pero tamén a suma de 5 primos consecutivos (11+13+17+19+23). Dei as solucións e fixen o primo, pero ben feito.
    E o último tamén está resolto. A chave está en sacarlle partido ás sumas e ao feito de que tivera que dicir que lle faltaba UN dato. Non digo mais, a ver se alguén o remata.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  6. ai, ai, ai... querido bolbor! Non é por fastidiar, pero vexo que non liches a pregunta: Cantas camisas hai de cada cor? (non pregunto cantas camisas hai en total...)

    Cousas que pasan... ata os xenios coma ti meten a zoca de cando en vez! (nótase que non eres de letras jejeje)
    unha aperta

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  7. Xa estás aí? andas ao asexo? andamos con "tiquis miquis"?
    O importante é a prenda, non a cor. Véxote con tendencias racistas que non me están a gustar naaaada...
    Vale, douche a razón pero non te rías de min: chamarme a min xenio é como chamarlle a un tetrapléxico Speedy González, non se debe facer.
    Outra aperta, e a ver cando ven a seguinte entrega...

    ResponderEliminar
  8. Osprís!! explicoume unha que todos coñecemos que "ven" leva til se é do verbo vir... e mañá hame de ver e hase de acordar...
    Se tardo en comentar no blogue avisade á policía. Ou mellor non, que mate tamén a outros...

    ResponderEliminar
  9. ¿alguén sabe a solución do último?
    Estoulle dando voltas y nada

    ResponderEliminar
  10. Vexamos: a·b·c=36
    Posibilidades -> suma:
    (1,1,36)->38
    (1,2,18)->21
    (1,4,9)->14
    (1,6,6)->13
    (2,2,9)->13
    (2,3,6)->11
    (3,3,4)->10
    Como dixo que lle faltaba UN dato (nin dous nin tres, UN dato) e sabía o número que tiña a casa (estaba diante dela) é que a suma das idades era 13 (a única que se repite). Ao dicirlle que a maior tocaba o piano entón non pode ser a combinación (1,6,6) porque nela hai dúas maiores.
    Solución: (2,2,9)
    Creo eu, que ata que mo diga anxo...
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  11. plas, plas, plas, plas... (son de aplausos)

    Retos superados!!
    Ata a próxima...

    ResponderEliminar