14/05/08

Nontodovanserlibros (XXXI)

Hoxe 14 de maio cúmprense 10 anos da morte do cantante e actor nortemaericano Frank Sinatra. De alcume A Voz, foi unha das figuras máis importantes da música popular do século XX e deixou, a través dos seus discos e actuacións en directo, un legado canónico no que respecta á interpretación vogal masculina desa música. A súa popularidade chegou a ser inmensa e practicamente constante ao longo de toda a súa vida, aínda que foron especialmente exitosos os anos corenta e cincuenta, sendo esta última década a considerada como a etapa de maior calidade artística como cantante.

Tecnicamente, caracterizouse pola súa coidada precisión no fraseo e o seu dominio do control da respiración. En canto á súa categoría artística, esta radica na súa capacidade interpretativa para transmitir as emocións e sentimentos implícitos nas letras das cancións. A Sinatra recoñéceselle historicamente ter sido o primeiro cantante que fai un uso consciente dos medios de amplificación do son co obxecto de situar a súa voz por enriba do son da orquestra e aproximala á intimidade do oínte.
Ao longo da súa carreira profesional, Sinatra gravou máis de 1.300 cancións e participou en máis de cincuenta películas. Recibiu multitude de premios e homenaxes, entre os que se contan dez Grammys, o Premio da Academia de Artes e Ciencias da Gravación e a Medalla da Liberdade do goberno estadounidense. Vía Wikipedia

Sen dúbida algunha, ao falar de Sinatra véñennos á cabeza cancións como Strangers in the night, Fly me to the moon, New York New York ou a tantas veces versionada My Way. A continuación podes escoitar varias destas versións deste tema (cuxo autor orixinal é Paul Anka) que popularizou Sinatra. Formas distintas de interpretar a mesma canción.

free music


E de agasallo, a versión que fixeron os vigueses Los Piratas a finais do noventa.



1 comentario:

  1. Todo un controvertido xenio da música e do cinema. Sempre se murmurou da súa relación coa mafia... e coas mulleres non digamos.
    Igual moitos dos máis novos non sabedes que estivo casado con Mia Farrow, a mesma que tamén casou con Woody Allen (outro puñetero xenio) e que cando Woody se liou coa súa filla (adoptiva) Sinatra ofrecéuselle a Mia para "romperlle as pernas" ao traidor do seu marido.
    Sonche cousas que teñen os xenios, están algo pasados de voltas... pero aos parviños chámannos tanto a atención!!!
    Por certo... que mérito teñen os que andan nos controis cando gravan unha canción!!!
    Un saúdo para todos.

    ResponderEliminar