23/06/08

Comodidade ante todo

Comodidade, si, porque andan a inventar uns sillóns que seguen ao usuario da biblioteca até que este escolle un libro e decide sentar. Sentar nun sofá que vai detrás túa coma se dun cadeliño se tratase. Vaia, que non hai escusas que vallan para non ler! Estamos a falar do proxecto Take_a_seat, presentado na Academia de Deseño de Eindhoven. Ver o vídeo é desde logo do máis curioso, non sei se en lugar de sofás falamos de cans, ovellas ou auditorio. Curioso.



Vía Capítulo 0

1 comentario:

  1. Acabo de ter unha idea... interesante. É unha mágoa que estes inventos queden sen aplicación médica. Imaxinades unha epidemia de disentería... jijijijiji!!

    Un escatolóxico saúdo.

    ResponderEliminar