07/06/08

Cores premonitorias

Fixéronse públicos na rede diversos vídeos de afeccionados onde se poden ver como algunhas nubes adquiriron ousadas tonalidades até 30 minutos antes do terremoto que devastou a provincia de Sichuan (China) o 12 de maio.




Chamou a atención que as nubes adquiriran as cores do arco da vella. As formacións non eran demasiado densas, pero o suficientemente visibles para sorprender ás testemuñas.



Este foi o segundo terremoto máis grande da historia de China cunha magnitude de 7.8, despois do de Tangshan de 1976, que provocou a morte dunhas 250000 persoas.

Fonte consultada: El Universal Gráfico

Ningún comentario:

Publicar un comentario