11/06/08

G.I.Jonny

A seguinte campaña contra a SIDA foi realizada pola BBC no Reino Unido. Resulta ser unha parodia do xoguete G. I. Joe dos anos 60, monecos militares para rapaces que pretendían emular o éxito de Barbie entre as rapazas. Quizais sexa un "pouco subida de ton", pero resulta desde logo moi impactante.




Vía Infocom

1 comentario:

  1. Moitas grazas por respostar no meu blogue =)

    Co de "difícil" navegación referíame a que tedes tantísimas catgorías e un quilómetro de ligazóns, polo que pode resultar un pouco caótico pero é algo normal xa que tedes moitísimas aportacións e moitos posts.

    Encantoume atopar un blogue como este e máis sendo en galego (que a verdade son moi escasos). Aquí tedes xa unha seguidora :P

    En canto ao anuncio, impactoume moitísimo así que non puiden deixar de comentalo na miña bitácora. Considéroo moi orixinal :)

    En fin, un saúdo moi grande. A seguir así!

    ResponderEliminar