
Podería triunfar no noso país unha idea semellante? Leo en Papel en blanco que nos metros de Xapón ofrecen aos usuarios libros de xeito gratuíto. Un pode coller o libro que queira, sen dar datos de ningún tipo; o único que piden é que o devolvas cando acabes de lelo. E a xente, por suposto, faino. Así de sinxelo e de práctico. E isto nun país onde se editan máis libros (e máis revistas, máis xornais, máis cómics...) cada ano que en ningún outro lugar do planeta. Marabilloso!

Vía Papel en Blanco
No sé si se leerían, pero desaparecerían seguro!
ResponderEliminar