.- 1984
Este anuncio serviu á corporación informática Apple para lanzar por todo o alto o seu novo ordenador, o Macintosh. A idea foi tomada da obra de Orwell 1984. Dende o momento da súa emisión, o anuncio foi considerado polos publicitarios como un dos mellores da historia pola súa audacia creativa e brillantes estratexias máis que polas técnicas de produción.
.- Drugstore
Foi o máis galardoado do mundo. Os anuncios de Michel Gondry están caracterizados polo nulo ou breve diálogo, música inquietante que actúa como fío condutor e ténicas de rodaxe perfeccionadas grazas á súa faceta de director en videoclips, que propician unha atmosfera inconfundible e orixinal que non deixa indiferente ao espectador. Foi feito para a marca de vaqueiros Levi's.
.- Paint
Este orixinal spot da man de Sony bravia foi calificado como o máis premiado do ano 2007. Nel mestúranse música clásica cunha perfecta sincronización das esceas de explosión colorista sobre unha cidade, transmitindo unha forza impresionante moi acertada.
Vía Infocom
Ningún comentario:
Publicar un comentario